(En desagravio ó meu favorito argonauta do Sixto)
Anacronismo porque penso que isto do que vou falar é un erro no tempo, ademais de nos méritos e nas formas…
Trala recente escolla de Reigosa como Cronista oficial da cidade de Mondoñedo, impoñenselle a ún dúas obrigas.
A primeira, por comprimento, da-los meus parabéns a Antón Reigosa polo seu nomeamento, de feito todos e cada un dos propostos, dun xeito ou doutro, merecerián a honra da proposta de seu, ó meu parecer. Dito isto, satisfeitas xa as formas, é de xustiza dícir o que un pensa.
Xurdida xa a polémica sobre o procedemento da designación, escoitadas as voces das xentes, os axitados ventos mindonienses e, sobre de todo, o consello da inxenuidade profesada e confesa sobre dos inescrutables camiños das decisións institucionais, cada día máis asimilables ós camiños do Señor (semella que na episcopal cidade de nós o poder temporal cada día nos sorprende máis, invenstindose dunha aura divina...) No medio desta treboada cómpre prantexarse algo que semella non se fixo antes , desouvindo o imperativo moral da prudencia. Aló vai:
Quen sabe máis de Mondoñedo, do Mondoñedo vivo e do Mondoñedo histórico dos mortos, que Xe Freyre? Quen coñece cada pedra, cada ferida da historia mindoniense, cada recuncho, cada verba escrita no universo das letras mindoniense mellor que Xe Freyre?
Aí vos van verdaeiros méritos, non sei se se deron conta antes de toma-la súa decisión, visto o visto, coido que non…
Queren máis? Imos alá. Quen ama máis Mondoñedo que Xe Freyre? Quen prescindindo do seu compromiso político (e mesmo as veces dos compromisos laborais de seu) colaborou desinteresadamente e respostou con dilixencia á chamada das corporacións municipais para calquera acto cultural que tivera que ver coa nosa cidade, fora da cor que fora, o governo municipal que o chamara que Xe Freyre?
Miren, creo co erro foi maiúsculo, penso que desaproveitaron a oportunidade de devolvérlle a Xe un pouco da paixón e do agarimo que ben merece por todo o que fixo e, de seguro seguirá a facer por Mondoñedo, pese ás súas extranas maneiras de agradecerllo…
Anque estas cousas se firman ó rematar, xa lles anticipo que estas verbas son de seu irmán Miguel, pero non pensen co amor fraterno oscurece o meu bo xuicio, nono crean non, poucas son as verdades que se autoimpoñen, pero esta é unha verdade coma un infinito puño amigos meus…

Para rematar, saben que lles digo, que para min e de certo sei que para outros moitos mindonienses, se alguen foi, é, e sen duvida alguna endexamaís deixara de se-lo cronista dos corazóns das xentes, das letras, da grande e pequena historia e da cultura do universo mindoniense, ese home, é Xe, que ninguén o duvide…


MIGUEL A. FREIRE SANCHEZ
Irmán, amigo e sobre todo admirador de quen é de feito o cronista de tódolos corazóns mindonienses

NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.