SanluqueirasAs protagonistas son Monserrat Torres Loureiro (70 anos), Monserrat Lombardía Torres (43 anos), Ana Losada Lombardía (15 anos) e Mara Lombardía Rodríguez (10 anos)
A Sanluqueira mais veterana Monserrat Torres lembra que con 20 anos xa foi Raíña das festas das San Lucas no ano 1964 “aínda me parece ver agora mesmo a Tuna de Santiago que veu tocar, despois fomos ao baile ao Casino e pasamos unhas festas formidables”.
Máis información e fotografías en leer máis.
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 3 de outubro de 2013.
Catro xeracións de mulleres da Familia Lombardía de Mondoñedo son as SanLuqueiras do ano 2013. As protagonistas son Monserrat Torres Loureiro (70 anos), Monserrat Lombardía Torres (43 anos), Ana Losada Lombardía (15 anos) e Mara Lombardía Rodríguez (10 anos).

A Sanluqueira máis veterana Monserrat Torres lembra que con 20 anos xa foi Raíña das festas das San Lucas no ano 1964 “aínda me parecer ver agora mesmo a Tuna de Santiago que veu tocar, despois fomos ao baile ao Casino e pasamos unhas festas formidables”.
Relata ademais que esta experiencia sérvelle “para renovar o que fun”. Pero sobre todo puntualiza Torres “esto fago por Mondoñedo e polos meus netos e netas, Eu son das que penso que hai que seguir traballando por Mondoñedo, e sobre todo darlle a publicidade que merecen as nosas Feiras e Festas, xa que son as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa”.

Di que as San Lucas “son unhas festas especiais para tódolos mindonienses, porque todos nos reencontramos no mes de outubro ou ben para ver os cabalos, para comer o pulpo, para levar os netos á festa ou simplemente para pasear ou charlar”. E prosigue “estas son as nosas autenticas festas”.
Sinala tamén que asume de novo esta experiencia “encantada da vida, porque senón non iria. Hai que facer algo por Mondoñedo”, insiste.

Explica que o novo papel de Sanluqueira “pode poñerme un pouco nerviosa o día do pregón”, pero subliña que ao longo da súa vida viviu experiencias mais duras “por eso eu o ánimo no vou a perder nunca. Eu vou loitar sempre como unha jabata, coma sempre fixen”, explica Monserrat Torres.
A vida da patriarca non foi un camiño de rosas, “quedei viúva e saquei 5 fillos adiante eu soa coa administración de lotería. Eu sei que paga a pena saír adiante por eso son novamente Sanluqueira, porque a ilusión das San lucas non hai que perdela nunca”.
E conclúe “na miña familia todos están encantados con esta decisión de que participemos como San Luqueiras porque vamos todas. Eu só espero que sexa un día especial para tódolos membros da familia”.


Sanluqueiras

Sanluqueiras

Sanluqueiras

As San Lucas 1964