Presentación carteisA comisión das Feiras e Festas San Lucas de Mondoñedo 2013 presentou, no salón de plenos do Concello, os carteis das feiras que este ano chegan á edición 857. 
Como cada ano, o deseño dos carteis correu a cargo do artista mindoniense Xose Vizoso.
A partir deste luns, día 7, comezaranse a repartir os programas de man pola cidade.
Podes ver o programa completo e fotografías do acto de presentación dos carteis entrando no enlace de leer máis.

PROGRAMA COMPLETO AS SAN LUCAS 2013

[ver tríptico parte 1]   [ver tríptico parte 2]

Presentación
 
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 5 de outubro de 2013. A comisión das Feiras e Festas San Lucas de Mondoñedo 2013 presentou os carteis das festas para esta edición 857, que como cada ano realiza o artista mindoniense Xose Vizoso. A partir deste luns, día 7, comezase a repartir os programas de man pola cidade.

Este ano forman parte da Comisión os concelleiros Modesto Díaz, Elena Freire e Elena Candia, ademais do Presidente da Comisión Miguel Souto, Miguel Garcia, Miguel Paz, Waldo González, Manuel Tapia, Maria Jose Oriola, Marisol Piñeiro, Bea, Nati Arias e Gervasia.
 
O cartel das Orquestras esta composto polos grupos Charleston e Claxxon, dia 17. O día grande o dia 18, actúan Cinema e Gran Parada, ademais dos  concertos da Praza da Catedral de Budiño, e o grupo Di Elas  que lidera Luis Tosar. Para o dia 19 estan previstas

Tekila e Filadelfia xunto co encontro folclórico. O último dia o 20 poñen o broche de ouro a estas festas Palladium e Paris de Noia.
 
Reservas
Ademais este ano actúan no Auditorio o cantante ferrolán Andres Suárez o sábado día 19, ás 20 horas. E o actor, director e monologuista Carlos Blanco actuara o domingo día 20, ás 20 horas. As entradas para estos eventos teñen que reservarse no telefono 608 876 123.