Entrada cova
O Concello de Mondoñedo acondicionará a entrada á cova do Rei Cintolo cunha pasarela de madeira respectuosa co medio ambiente.
A actuación, que suporá unha inversión de 80.000 euros, será financiada na súa totalidade por unha subvención da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
A alcaldesa, Elena Candia, salientou a importancia deste proxecto e recordou que “o actual goberno apostou e vai seguir apostando por este recurso porque é consciente da súa potencialidade”. E engadiu que “o noso traballo vese avalado polas cifras, pois este ano a cova bateu o récord de visitas dos últimos 10 anos”.” 
Candia apuntou que se trata dunha ambiciosa actuación “feita dende o máis profundo respecto á natureza e con diálogo e consenso” e avanzou tamén que “seguiremos impulsando a cova como principal reclamo turístico mindoniense mediante un plan de promoción da mesma que tamén levaremos a cabo”.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 22 de outubro de 2016.- O Concello de Mondoñedo acondicionará a entrada á cova do Rei Cintolo cunha pasarela de madeira respectuosa co medio ambiente para facilitar aos turistas o paso a este enclave natural. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que esta actuación se levará a cabo “gracias a unha subvención de 80.000 euros da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, quen financiará a totalidade do proxecto”.
 
Pasarela 

A rexedora amosouse moi satisfeita con esta actuación e salientou a importancia deste proxecto “pois non podemos esquecer que a Cova do Rei Cintolo é un dos principais reclamos turísticos da cidade e consideramos a entrada á gruta como unha infraestrutura imprescindible”.

Candia recordou que o actual goberno local mindoniense apostou durante os dous veráns que leva á fronte do goberno, e vai seguir apostando sempre, por este recurso porque é consciente da súa potencialidade. E recordou, por exemplo, o convenio asinado coa Federación Galega Espeleoloxía que permitiu un mellor horario e unha maior flexibilidade de acceso á Cova do Rei Cintolo.  “O noso traballo vese avalado polas cifras, pois hai que recordar que este ano a cova bateu o récord de visitas dos últimos 10 anos”.

Un proxecto ambicioso e un plan de promoción
A alcaldesa precisou que “este proxecto consiste na execución dunha nova entrada que permita acceder con maior comodidade e seguridade á cova”. E engadiu, que en concreto, “a actuación incluirá o desbroce e apertura da traza e a execución de pasarela de madeira, que dispondrá na parte final dunhas escaleiras de madeira e unha ponte de 7 metros e de idéntico material para salvar un pequeno regato ao inicio do novo acceso”.
 
Ponte 
Candia apuntou que se trata dun ambicioso proxecto “feito dende o máis profundo respecto á natureza e con diálogo e consenso”, pois precisou que “xa foi analizado e explicado aos técnicos de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia e posto en común coa Federación de Espeleoloxía”. “Agora continuaremos coa folla de ruta e pasarémolo á comisión de Patrimonio nos vindeiros días para que, unha vez que nos dea a luz verde, facelo realidade canto antes”.
A rexedora recalcou que “dende o goberno local apostamos por este recurso do noso municipio con esta importante actuación e seguiremos impulsando a Cova do Rei Cintolo mediante un plan de promoción da mesma que tamén levaremos a cabo”.
 
Cova do Rei Cintolo