NOTA DE PRENSA - O Partido Popular de Mondoñedo pide a socialistas e nacionalistas que asuman os
resultados electorais, que deixaron a un alcalde cesado de facto polos
veciños e un tenente de alcalde que perdeu a metade dos sufraxios.
O Partido Popular pide coherencia ao PSOE, que por unha banda di que non acudirán a ningunha reunión (que anuncia terá lugar o próximo luns ás 8 da tarde) e pola outra reclama a Elena Candia que dea a cara persoalmente.

Mondoñedo, 2 de xuño de 2011 - O PP teme que a reedición do bipartito supoña outros catro anos perdidos para Mondoñedo e significou que tanto socialistas como nacionalistas deberían asumir e aceptar o resultado das urnas, isto é, un alcalde cesado de facto polos seus veciños e un tenente de alcalde que perdeu a metade dos votos.
Os populares piden que non se desvirtue o acontecido o 22-M onde o PP acadou unha maioría moi ampla e lembrou que de terse apostado por unha alternativa de esquerdas PSOE e BNG deberan presentarse xuntos e non por separado como fixeron. Nese senso os populares salientaron que entre os veciños reina o desconcierto porque ainda non se ten aclarado con que programa gobernaran, si será co do PSOE o co do BNG ou con ningún deles.
Elena Candia amósase disposta a traballar por Mondoñedo, como leva feito, tal e como lle demanda o portavoz socialista e significa que a mellor forma de facelo é precisamente dende a alcaldia. A edil popular lembra que durante a pasada lexislatura o Executivo municipal tan só dedicouse a chorar polo que chegou o momento de que asuman a responsabilidade de goberno outros -o PP- tal e como decidiron maioritariamente os veciños nas urnas, sinalando a aqueles que entendian máis capacitados.
Os populares lembran que os propios conselleiros corroboraron nas súas visitas a Mondoñedo que o alcalde nin tan sequera os había visitado nos seus despachos e que non ten sentido manter a alguén na alcaldia cando non é capaz de sair da Casa do Concello e petar ás portas das intitucións que fagan falla para traer investimentos cara o municipio.
Finlamente, os populares reclamaron coherencia ao PSOE que, por unha banda, pide a Elena Candia que dea a cara de xeito persoal para ofrecer as súas propostas e pola outra afirma que os socialistas non teñen intención de acudir á reunión convocada polo PP coas distintas forzas políticas. Os populares esperan que o PSOE reconsidere a súa postura e asistan á xuntanza, que xa adiantaron terá lugar o vindeiro luns ás oito da tarde.
O PP conclue insistindo na importancia de facer valer a opinión maioritaria dos veciños expresada na ampla maioria acadada polos populares.