Levo case 20 anos adicado a política municipal en Mondoñedo, unhas veces tóucome na oposición e outros no equipo de Goberno, e agora toca despedirme desta etapa. Por iso quero aproveitar este espazo para dar as gracias a tódalas persoas que me atopei neste longo camiño e que me axudaron a sacar adiante a miña labor no Concello.
En primeiro lugar quero dar as mais sinceras e infinitas gracias aos traballadores do Concello de Mondoñedo, comigo traballou un equipo de xente comprometida, traballadora e leal, e gracias a eles tiven a oportunidade de impulsar actividades como o Mercado Medieval ou as Festas das San Lucas que foron un autentico éxito, todos eles merecen a miña admiración e o meu respecto, gracias de corazón.
Quero agradecer tamén o apoio que recibín do equipo de Goberno do Concello, os meus compañeiros do BNG e a Magdalena Domenech, todos eles foron auténticos compañeiros de viaxe, foi un honor poder compartir proxectos conxuntos e ideas. Gracias tamén por facer mais levadeiro esta viaxe.
Tamén quero facer un recoñecemento a tódalas asociacións e organizacións coas que tiven o privilexio de traballar;  comerciantes, veciños, comisión de festas, todos eles co seu traballo desinteresado, axudan a  impulsar o futuro de Mondoñedo. A min tamén me tocou traballar con eles, por eso quero darvos as gracias polo voso apoio.
E por último quere agradecer ao PsdeG-PSOE o seu apoio nestes últimos anos, sei que a veces fun critico e sígoo sendo, pero eso non me impide ver que o socialismo será sempre o camiño para poder vivir nun mundo mais solidario e mais xusto. Non quero que esto sexa unha despedida, simplemente é un ata logo, e vou a seguir estando aquí, en Mondoñedo e cos mindonienses. O único que pretendín neste anos foi loitar por Mondoñedo, e nunca cesarei nese empeño. Gracias infinitas a todos por todo.


  MODESTO DÍAZ GARCÍA - Mondoñedo

 

NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR. Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.