Era o noso chorado amigo bo home, excelente carteiro de San Lázaro, chegando coas cartas puntualmente. Admirador e defensor meu. Ben o sei. Dicharachero, chocante, gracioso, traballador incansable, voluntarioso e servizal.
Motor sin averías para a boa marcha do Coro da Sociedade de Obreiros de Mondoñedo e a punto para que a Banda de Música Pascual Veiga da Cidade da Paula fora unha realidade, da que foi cofundador e músico. Colaborador infatigable na Comisión das Feiras e Festas de As San Lucas e As Quendas, sendo de estas correfundador. Luchador con lealtade porque a súa Cidade da Paula medrara e fose importante. Amigo do amigo, non che doblaba e sempre era dos primeiros para estar aí o lado do seu amigo, xa fora para algo desagradable ou xa fora para un homenaxe. Ata era un artista na madeira, pois eu teño con moito orgullo e cariño unhos cinceiros de madeira de toxo que el fixera e me regalara. Aló vai un home que era tres: Pepe, Lombardero e máis El (sí permítanme que o escriba con maiúscula, porque él tamén era grande, moi grande en honestidade, era un home de boas costumes). Eternamente descansa en Paz amiguiño Pepiño. Terás un lugar preferente nas nosas oracións pola veneración e afecto que che profesaba desde tempos xa lexanos.
Envíolle, enviámoslle, públicamente, a súa dona, os seus fillos, e a toda a sua Familia as miñas, as nosas, máis sinceiras condolencias, sin perxuizo de acudir a facelo persoalmente.-
Hoxe as 9 da noite será o Santo Rosario, no Tanatorio Morán. E o enterro será mañá, SÁBADO, día 19 de setembro de 2.015, as SEIS QUINCE HORAS DA TARDE.
Este é o meu humilde homenaxe que che rindo, pero é do máis abaixo do corazón don José Lombardero Val. Así o opino.  
 
LORENZO ARES ROBLES - Mondoñedo


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.