Torneo
Por oitavo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo. 
Este ano a data de celebración será o 10-11-12  Xuño.
Equipos galegos, asturianos e leoneses danse cita nun pavillón mindoniense ateigado os 3 dias (destacando as noites do venres e sábado), e xogadores da Primeira, Segunda, Segunda b e Terceira división do futbol-sala nacional compiten polo trofeo, nunha cita xa clásica e ineludible para os amantes do fútbol-sala.
Ademáis, sempre hai preparada algunha sorpresa, que fai que seña unha festa do fútbol-sala, "Máis que un torneo..."
 
 
Premios:
- 1° clasificado 1700€ + trofeo
- 2° clasificado 700€ + trofeo
- 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
- Mellor equipo local 150€ + trofeo
- Último clasificado: tarta de Mondoñedo (novidade este ano)
- Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.

A inscrición é de 120€. Árbitros federados todo o torneo. Descontos no aloxamento nos hostais da cidade para os equipos participantes

O prazo de inscrición xa está aberto.

Para apuntarse: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp)
 
 Torneo