El Concello de Mondoñedo, con el afán de estimular la creación poética entre los jóvenes, convoca el XII premio de poesía Díaz Jácome. El concurso está patrocinado por la Diputación de Lugo.
Participa enviando tus creaciones al Concello hasta el día 1 de julio de 2011 y podrás ganar hasta 1500 Euros. Más información y bases del concurso entrando en el enlace de leer más.


BASES XII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos/as, convoca o XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
 
PRIMEIRA.
Poderán optar ó premio tódalas persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.

SEGUNDA.
Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarado deserto o premio.

TERCEIRA.
As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor.

CUARTA.
Deberán presentarse tres orixinais en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.
 
QUINTA.
Os orixinais  non poderán ir asinados nin levarán inscrición algunha que puidera suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título.
En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.
O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.

SEXTA.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 1 de xullo do ano 2011, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
 
As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)

Coa indicación:
XII Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.
 
SÉTIMA.
O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en setembro de 2011.
A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de  Mondoñedo no mes de outubro.
No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuizo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA.
Este concurso consta de tres premios:
Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.
Segundo premio:    600 Euros, Placa e Diploma.
Terceiro  premio:   300 Euros, Placa e Diploma.
 
NOVENA.
Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.
 
DÉCIMA.
O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

UNDÉCIMA.
As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.

DUODÉCIMA.
O fallo do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.