Elena Candia agradece a visita a Mondoñedo dun grupo de bloggers de Gran Bretaña.
A rexedora pon ao seu equipo á disposición dos turistas para coñecer os segredos que atesoura a cidade.
Subliña que o seu Goberno está a cumprir coa folla de ruta fixada no que prima a aposta por un turismo de calidade.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 28 de xuño de 2016.- O Concello de Mondoñedo recibe hoxe a visita dun grupo de bloggers de Gran Bretaña. Os mozos e mozas están percorrendo a Mariña onde realizaron a pé un tramo do Camiño Norte, unha iniciativa que promove a Xunta de Galicia. Así, o persoal de Turismo do equipo de Goberno recibiu aos visitantes para poder trasladarlles, de primeira man, os segredos e atractivos que atesoura a cidade.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, valora de xeito especial a parada en Mondoñedo deste tipo de visitantes especializados “que farán que o noso Concello consiga un lugar no mapa tamén en Gran Bretaña e nas súas rexións de orixe”. Elena Candia reafirma o seu compromiso co despegue turístico da localidade para o que, precisa, é fundamental atraer turistas.
Así, o Goberno local ponse á disposición deste tipo de grupos e de todos aqueles que decidan achegarse á cidade para descubrila desde todas as vertentes, histórica, etnolóxica, gastronómica e natural para que podan servir de altofalante e conseguir que cada vez se acheguen a Mondoñedo máis persoas.
Por último, Candia destaca a aposta do seu Goberno por un turismo de calidade, que valora este tipo de iniciativas de gloggeiros. “Temos unha folla de ruta clara e imos cumprindo os nosos compromisos e obxectivos en materia turística”, concluíu.