El pleno del Parlamento gallego aprobó este miércoles, con los votos del PP y la abstención de la oposición, una proposición no de ley que solicita que el nuevo hospital metropolitano de Vigo lleve el nombre de Alvaro Cunqueiro.
La iniciativa fue defendida por el diputado popular Miguel Santalices, que consideró que la infraestructura debe tener un nombre con "consenso social" y que le dé "prestigio".
El PP mindoniense lamenta la abstención de BNG y PSOE en la propuesta parlamentaria.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 15 de febreiro de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo lamenta a abstención do BNG e do PSOE en relación a Proposición non lei do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a propoñer que o novo hospital que se está a constituír leve o nome de Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro.
Dende o Grupo Popular mindoniense non entenden as razóns polas que os grupos da oposición se abstiveron a que o novo complexo de Vigo leve o nome dun dos principais escritores galegos do século XX, que mais contribuíu a difundir tanto o nome de Mondoñedo como o de Vigo.
Segundo o Partido Popular de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro é unhas das figuras nadas na localidade con máis repercusión e recoñecemento. Así, os populares aseguran que o nomeamento do complexo como Álvaro Cunqueiro propiciaría que a figura do veciño mindoniense se consolidara aínda máis no tempo ademais a influencia e recoñecemento do escritor  axudaría a incrementar o prestixio no traballo dos profesionais que prestarán servizo no complexo.
Segundo analizan os populares, todo parece demostrar que parte dos socialistas viron o positivismo deste nomeamento xa que o Grupo Municipal Socialista votou a favor desta iniciativa no Concello mentres que no Parlamento o grupo parlamentario se abstivo.
Así, segundo os populares a abstención do BNG e do PSOE supón unha vez máis negarlle o apoio a un escritor insigne e a unha localidade como Mondoñedo.