Xuventude
O Concello de Mondoñedo presenta o programa da segunda edición da Festa da Xuventude que se celebrará o 9 de setembro.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festa que contará cos concertos de tres bandas de distintos estilos musicais e a actuación de varios Djs.
García precisou que “no cartel deste ano, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas, primamos a promoción dos artistas  nosa cidade”.
Con esta celebración darán comezo as festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se prolongarán ata o luns 12 de setembro.
 
NOTA DE PRENSA
A Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a segunda edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 9 de setembro, a partir das 18 horas e ata entrada a madrugada, na praza do Concello. 

O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas.

García avanzou que “esta edición contará cos concertos de tres bandas de distintos estilos musicais e a actuacións de varios Djs de música electrónica”. O concelleiro precisou tamén que “coa festa da Xuventude se dan por iniciadas as festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se prolongarán ata o luns 12 de setembro, festivo local, e animou a todos os mozos e mozas a participar desta festa que o ano pasado contou cunha gran acollida e ampla participación”.
“No programa deste ano primamos a promoción dos artistas da nosa cidade” e engadiu que “os compoñentes dalgúns dos grupos teñen raíces mindonienses, así como varios dos Djs que deleitarán aos público”, salientou. 
O concelleiro avanzou tamén que “está previsto que se instale unha carpa de Xuventude para información xuvenil e outra de prevención do VIH para darlles información aos mozos e mozas”.
Un programa con artistas locais
O concelleiro apuntou que os asistentes poderán desfrutar coa actuación do grupo ‘Versoix’. “Esta banda madrileña inicia a súa andaina polo ano 2011. O seu estilo musical é o rock, tanto urbano como hard rock. Saca ao mercado o seu primeiro ‘El dilema del Erizo’ no verán do 2015 e a comezos do 2016 é cando se consolida finalmente e comeza unha xira repleta de concertos”, precisou.
García sinalou que “tamén poderemos vibrar coas cancións de Miquel Barreira, membro da banda ‘Pull My Strings’, que actuará baixo o nome ‘Eira’ e acompañado por dous membros do seu grupo de Cataluña. Este artista ten orixe mindoniense e o seu instrumento principal é a guitarra acústica. O seu primeiro sinxelo foi ‘Mondoñedo’ na honra á súa cidade natal.
E por último, os mozos e mozas desfrutarán coa actuación de Hugo Eiroa, cantante e guitarrista con raíces en Mondoñedo que tras varios anos formando parte de diversas bandas iniciou este ano a súa andaina en solitario versionando pezas clásicas do pop rock.
A xornada tamén estará amenizada polo concerto de Dj Victor Santana & Band, un dos artistas máis importantes da cultura electrónica underground que integra esta banda a base de instrumentos clásicos  para darlle forma a un novo modo de entender o Techno. E actuarán tamén cinco Dj’s Locais: Alberto Leivas, Deep López, Vitor P, Popy García, Vitinho e Totix.  
Dende o goberno local do Concello de Mondoñedo agradecen a colaboración para a celebración da segunda edición desta festividade do Xacobeo e da emisora Megastar FM, así como o apoio dos bares da praza do Concello. 

O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías amosouse moi satisfeito coa organización desta nova edición e sinalou que “esperamos que teña a mesma acollida multitudinaria que a do pasado ano”.

Xuventude