O Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) e a Asociación As San Lucas,
responsable da organización das Feiras e Festas das Quendas 2014,
preparan para o vindeiro 1 de maio un recital poético-musical denominado
“Mondoñedo é poesía”.
Con esta actividade, os organizadores pretenden levar a rúas e escenarios as esencias da fértil tradición poética mindoniense, unha pléiade de escritores da que forman parte, entre outros, Antonio Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro, Xosé Díaz Jácome e o propio Manuel Leiras Pulpeiro, e aos que debemos engadir outros nomes non menos sobranceiros da chamada Escola Poética do Seminario de Mondoñedo, como son os casos de Xosé Crecente Vega, Aquilino Iglesia Alvariño ou Xosé Díaz Castro. Ademais, Mondoñedo ten un raro privilexio, o de convocar anualmente dous certames poéticos, o “Premio de Poesía Díaz Jácome” e o “Premio de Poesía Leiras Pulpeiro”.

Nesta primeira edición de “Mondoñedo é poesía” participan 20 poetas, homes e mulleres de recoñecido prestixio no campo da creación poética actual como son Alicia Fernández, Carlos Negro, David Otero, Dores Tembrás, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Isidro Novo, José Juan Ferrrero, Mª Xosé Lamas, Marica Campo, Mario Regueiro, Baldomero Iglesias “Mero”, Miro Casabella, Olalla Cociña, Paco Rivas, Toño Núñez, Xabier Cordal, Xacobo Casal, Xaime Oroza e Xoán Xosé Abella. A parte musical deste recital estará a cargo de César Morán, que interpretará poemas de M. Leiras Pulpeiro musicados por el, e de Miro Casabella.
“Mondoñedo é poesía” comezará ás 13:00 horas no concello de Mondoñedo con unha recepción aos asistentes por parte das autoridades locais. Logo do xantar, a partir das 18:00 horas terán lugar o recital na rúa e en lugares emblemáticos da cidade, seguindo este itinerario: Cemiterio Vello, Praza do Concello, Praza da Catedral, Fonte Vella, O Cristo e Praza Jaime Cabot. Ás 19:30 horas comezará no Auditorio Pascual Veiga, con entrada libre e gratuíta, un recital poético-musical no que intervirán poetas e músicos convocados.
O Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) quere agradecer a xenerosa colaboración da comisión organizadora das Feiras e Festas das Quendas 2014, a do propio concello de Mondoñedo, así como a de particulares e empresas como Confiteria Val de Brea, A Casa de Mañas e A Casa da Penela.
Entre todos, solidariamente, co imprescindible afecto e altruísmo das escritoras, escritores e músicos que nos van acompañar nesta xornada, vai ser posible que Mondoñedo sexa este 1 de maio a “capital galega da poesía”.