As QuendasAs Quendas celébranse os días 30 de abril, 1, 2, e 3 de maio en Mondoñedo. A homenaxe a Manuel Redruello, un obradoiro de amasado de artesanal de empanada, unha carreira popular, unha exhibición hípica de salto e un roteiro poético, novidades deste ano.
Ademáis, celébrase a XXXI  Festa da empanada, unha nova edición da gran Feira tradicional de gando cabalar, as III Xornadas da carne de poldro galego, o
Mercado de produtos do campo galego e a II concentración de autocaravanas. Tamén haberá Exhibición e Concurso Hípico de Salto, unha demostración de Showcooking de cociña, “Ruta Cunqueirana”, teatro, titeres, proxección de curtos e ruta de sendeirismo.
A raíña das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena, e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo (Lugo), 11 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo conta este ano con varias novidades como a celebración do I Obradoiro I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA na Alameda. Ademais a Comisión das Quendas tamén quere render unha homenaxe, cunha ofrenda floral, a un dos impulsores e promotores  da recuperación das feiras e  festas das Quendas, D. Manuel Redruello Suárez con motivo do seu 30 cabodano. Outro dos alicientes desta celebración será a carreira popular (9km), que se celebrará o sábado 3 de maio, e como actividade cultural destacada celebrarase un rueiro poético que percorrera as rúas da cidade.

As Quendas, que se celebraran os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio, contará ademais con dous protagonistas de excepción, por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. A reina das festas das Quendas 2014 é María Taboada Pena,e as damas son Natalia Novo Fernández e Melanie Lorigados Lozano.

As Quendas

As festas arrancan o dia 30 de abril, e trala recepción das Autoridades no Concello, realizarase unha ofrenda floral no cemiterio vello ante a tumba de D. Manuel Redruello Suárez, con motivo do seu 30 cabodano. Miguel Souto dixo que a “Comisión de Festas quere agradecer deste xeito a labor desinteresada de quen foi o presidente da comisión que promoveu a recuperación destas feiras. Hoxe en día podemos dicir que As Quendas seguen vivas gracias a persoas coma Manuel Redruello que traballaron desinteresadamente por reivindicar e difundir a cultura de Mondoñedo”, explicou. Despois terá lugar no Auditorio Municipal o pregón de Fran Bouso, dinamizador cultural de Mondoñedo.

O dia grande das Quendas, o 1 de maio, comeza  no Campo da Feira coa Gran Feira tradicional de gando cabalar. Ás 11 da mañá haberá demostración de Ferrado de Cabalos a cargo de Noel Cortón. E a partir das 11:30h a Alameda dos Remedios será o escenario do I Obradoiro de Amasado Artesanal, Elaboración, Enfornado e Cocido da EMPANADA. “Será unha actividade aberta a tódalas persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo. Con este evento queremos promover e dar a coñecer os segredos dun dos produtos estrela da nosa cidade. No Obradoiro participaran panadeiros de Mondoñedo”, relatou Miguel Souto.

O acento gastronómico das Quendas poñerao unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación  “Cociñando coas razas autóctonas” .
Ademais durante tódalas festas poderase degustar nos bares de Mondoñedo e no Bar o “Bigotes” a  III Edición das xornadas gastronómicas da carne de poldro.

Poesía, titeres e sendeirismo

Pola tarde podemos gozar da xornada cultural con POEMAS NAS RÚAS, que percorrera as rúas co seguinte itinerario: saída da campa de Leiras Pulpeiro (cemiterio vello), Praza do Concello, Praza da Catedral, Fontevella, O Cristo e para rematar a Praza Jaime Cabot (duración aproximada: 1h30min). E ás 19:30h MONDOÑEDO É POESÍA “Recital Poético-Musical”, no Auditorio Municipal.

O dia 2 de maio o programa conta cunha “RUTA CUNQUEIRIANA”, guiada por Xosé Ruiz Rivas. Esta actividade está aberta a todo o público e guiará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense. A saída será da oficina de turismo ás 12h.

E pola tarde no Auditorio Municipal, 18.00h, Mircromina Títeres presenta:”Martín, Martín” un espectáculo de titeres e actor, ideal para gozar en familia, apto para tódolos públicos. E na Casa da Cultura, ás 19:30h, proxección de curtos, gravados en Mondoñedo polo realizador mindoniense Miguel García.

O sábado 3 de maio poderán gozar dunha RUTA  DE SENDEIRISMO  “Ruta da auga” (9 Kms). Saída da Praza da Catedral ás 10:30h. Actividade aberta a todo o público (duración aproximada 1h30min – 2h). Ás 16:00 h No Polideportivo Municipal de Mondoñedo , Partido de Baloncesto Ed Lourenzá-Mondoñedo vs Mercedarias Hotel el Suiz de Ferrol.

No campo da Granxa terá lugar, ás 16:30 h, a  Exhibición e Concurso Hípico de Salto a cargo de Hípica Ecus de Lugo.

E ás 19:00h Carreira Popular pola Natureza, “ Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido). Saída da Praza da Catedral.Para inscribirse nesta competición pode facer mediante este blog http://carreirarutadaauga.blogspot.com.es/, ou ben no telef: 605 790091 ou no correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Ás 22:00h concerto acústico de “ Paula Rojo” , no Auditorio Municipal Pascual Veiga . entrada 10€. O teléfono de reservas: 608 876 123.

E para rematar As Quendas o domingo 4 de maio ás 19:00 h Xoldra Teatro no Auditorio.