
Un espectáculo que comezará ás dez da noite na Alameda dos Remedios, e que terá unha duración aproximada de hora e media.
Neste evento participarán destacadas voces melódicas do panorama musical mindoniense tanto “amater” coma profesionais.
En Voces da Paula poderemos ver e escoitar por primeira vez un duo a cargo de Mónica Barreira (cantante da orquestra Principal) e Silvia Campos (vocalista de Nueva Generación). Tamén participarán no espectáculo os gañadores do certame Mamá, quero cantar que se celebrou o pasado verán en Mondoñedo coa organización da Escola de música local. Fabián Pardo e Carmen R. Lage (autora do tema musical “Sempre Mondoñedo”) serán outros dos participantes desta gala que estará presentada por Fran Bouso.

Voces da Paula é unha idea de Fran Bouso organizada pola Comisión de festas de As San Lucas e As Quendas e conta coa colaboración da Escola municipal de música de Mondoñedo.