Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.
A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade.

Dende as 11h no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de
Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de
música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos
Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o
momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais,
durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos
participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP
Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil de Mondoñedo, de onde sairon os 2
debuxos gañadores para ser o cartel da festa.
Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.
Organiza: A.C. O Pasatempo
Colabora: Concello de Mondoñedo -Gaita Escola Mondoñedo -Círculo de Recreo