Este venres presentouse a exposición "51 páxinas das nosas letras" no Centro Comarcal de Mondoñedo.
Esta mostra permanecerá aberta ata o 31 de agosto.
Á inauguración acudiu a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, xunto ao secretario da mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, acompañados pola alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e membros da Corporación Municipal do Concello de Mondoñedo.
Así mesmo, este acto de apertura contou coa presencia de distintas personalidades vinculadas ao mundo da cultura en Mondoñedo.