Lence Santar
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou ao Goberno central financiamento para realizar actuacións de mellora na rúa Lence Santar, no casco histórico da localidade.
Os deputados nacionais por Lugo rexistraron unha emenda aos orzamentos do Estado de 2016 co obxecto de que se concrete unha partida económica para atender a esta obra. 
Nesta enmenda solicítase unha dotación de 200.000 euros para esta finalidade.


NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 31 de agosto de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, solicitou ao Goberno central financiamento para realizar actuacións de mellora na rúa Lence Santar, no casco histórico da localidade.
En concreto, a alcaldesa tramitou a petición a través dos deputados nacionais por Lugo, que rexistraron unha emenda aos orzamentos de 2016, a través da que se solicitan que se concrete nunha partida orzamentaria o compromiso de iniciar estas actuacións.
A emenda rexistrada polo Grupo Parlamentario do Partido Popular no Congreso dos Deputados inclúe a petición dun importe total de 200.000 euros da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo, que permitirían iniciar os trámites de cara a realizar as obras necesarias nesta rúa.
A alcaldesa explicou que esta emenda se debaterá a próxima semana no transcurso do debate en Comisión de emendas aos orzamentos. Candia quixo agradecer a dispoñibilidade e o traballo dos deputados nacionais para canalizar esta petición, que responde a unha demanda e a unha necesidade dos veciños.