As San Lucas
Esta anualidade, as feiras e festas das San Lucas celebranse entre os días 16 e 20 do mes de outubro.
A asociación organizadora e a alcaldesa de Mondoñedo presentaron o cartel artístico das San Lucas 2015.
O cartel é obra do deseñador e ilustrador Xosé Vizoso e describe ás San Lucas “a través dunha linguaxe propia e recoñecible que identifica estas feiras”.
Podes coñecer máis información e ver o cartel das festas entrando no seguinte enlace de leer máis.


Nota de prensa
Sábado 12 abril 2015: A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a Asociación organizadora das San Lucas, presidida por Miguel Souto, presentaron hoxe o cartel artístico da nova edición destas festas, que teñen a honra de ser as máis antigas de Galicia.  

Ao igual que en pasadas edicións, o cartel artístico é obra do deseñador e ilustrador Xosé Vizoso, cuxa creación “describe ás San Lucas a través dunha linguaxe propia e xa recoñecible e identificadora destas festas”.  Souto asegura que o cartel deste ano “é un dos que mellor representa a estas feiras”. A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, tamén quixo agradecer o traballo do artista Xosé Vizoso e o seu compromiso con estas feiras ao tempo que destacou as características das súas obras que as fan únicas e cuxas representacións xa identifican as “nosas festas alá onde vamos”.

A Asociación As San Lucas de Mondoñedo organizou o ano pasado unha exposición cunha selección de 56 obras carteis, creación de Xosé Vizoso,  e que semellou “un paseo por distintas festas, feiras e romarías de Galicia ao longo dos últimos corenta anos”, lembrou Souto, quen engadiu que se tratou dunha homenaxe a Vizoso en agradecemento do seu traballo a prol das San Lucas “co deseño da meirande parte dos carteis anunciadores dos últimos anos, e cuxa linguaxe artística hoxe en día xa distingue a estas feiras”.

Presentación Cartel

Avance do progama de As San Lucas 2015
Este ano As San Lucas celébranse entre os días 16 e 20 de outubro. Segundo Miguel Souto, o programa para esta edición “vai ter moitas actividades e para todos os públicos, xa que As San Lucas son cultura, son arte, son tradición e son feira e festa”. Adiantou que nos próximos días se avanzará a programación, segundo se vaia pechando definitivamente. De todos xeitos, Souto engadiu que non faltarán as mellores orquestras de Galicia.  O día 16, estarán Sintonía de Vigo e Orquestra Televisión; o 17 Miramar e Claxxon; o 18 Fania e Jerusalen; o 19 Paladium e Nueva Generación; e o 20, Nueva Generación e París de Noia. 

Souto tamén lembrou que As San Lucas celébranse ininterrompidamente dende 1156 e teñen como elemento principal o cabalo.  “O día grande, o 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na Feira das San Lucas. Repartiranse importantes premios”, describiu o presidente da Asociación, quen engadiu tamén que a véspera, o día 17, “dáse un momento dentro da programación das San Lucas que causa moita expectación, unha das mellores estampas das festas, o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo coma dende 1156  cara o campo da feira para ser vendidos”. Ao igual que na pasa edición, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen o gandeiros para reunir os animais que viven no monte e baixalos ata o centro de Mondoñedo. “É un espectáculo etnográfico de relevancia e que cada ano atrae a un maior número de turistas e visitantes”, dixo.  O mesmo día 17, en horario de mañá, será a final da Copa Galicia do concurso morfolóxico Pura Raza Cabalo Galego.
 
Cartel