Logo de que a alcaldesa mindoniense solicitase ao Goberno de Mariano Rajoy o financiamento dunhas obras nunha rúa da localidade.
A emenda foi presentada polo GPP e incorporouse ao Ditame da ponencia en Comisión o día 9 de setembro e foi ratificado polo pleno do Congreso o pasado mércores, día 16.
Esta iniciativa confirma o compromiso do PP coa provincia, coa Mariña e con Mondoñedo, nuns tempos en que a recuperación económica o permite.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 19 de setembro de 2015- Logo de que a rexedora mindoniense, Elena Candia, solicitase ao Goberno central o financiamento das actuacións de mellora na rúa Lence Santar, ubicada no casco histórico da localidade, e que os Deputados Nacionais por Lugo rexistrasen unha emenda ás contas estatais de 2016 para que se concretase unha partida económica de 200.000 euros para levar a cabo esta actuación, o Executivo Central da luz verde a estas solicitudes e destinará esta contía económica para arranxará esta obras.
Candia explicou que a emenda foi presentada polo GPP e incorporouse ao Ditame da ponencia en Comisión o día 9 deste mes de setembro e foi ratificado polo pleno do Congreso o pasado mércores, día 16.
A rexedora de Mondoñedo agradeceu a dispoñibilidade e o traballo dos deputados nacionais para canalizar esta petición, que responde a unha demanda e a unha necesidade dos veciños, e puxo en valor o compromiso dos populares coa provincia, coa Mariña e con Mondoñedo.