BNG MondoñedoNOTA DE PRENSA
Agradecemos a tod@s @s veciñ@s que apoiaron no día de onte o noso proxecto político, e da mesma maneira, valoramos moi positivamente a participación na xornada electoral da totalidade dos electores.
Expresar publicamente as nosas felicitacións ao conxunto dos partidos políticos que se presentaron a estas eleccións.
Tamén agradecer @s nos@s compañeir@s o traballo realizado, tanto organizativamente como no concello, durante estes 4 anos.
Mención especial á Comisión Electoral do BNG Mondoñedo, quen deu forma aos diversos grupos de traballo que fixeron posíbel o traballo realizado previo e durante a campaña electoral. Como xa dixemos anteriormente a campaña electoral dura 15 días, e como temos de costume xa iniciamos a retirada do noso material.
Por último, como dicía o noso eslogan electoral: "en MONDOÑEDO hai FUTURO".