Nuevo artículo en la sección "Con voz propia". Elena Candia, portavoz del PP de Mondoñedo, en nombre propio y en representación de su grupo, felicita a la comisión de fiestas de As San Lucas 2009 y denuncia la escasa implicación del Gobierno Municipal y la falta de previsión por parte del Concello.



Elena Candia, portavoz do pp de Mondoñedo, en nome propio e en representación do grupo, FELICITA A COMISIÓN DE FESTAS DAS SAN LUCAS polo interesante programa levado a cabo este ano, mediante o presente quere manifestarlles o máis sinceiro agradecemento polo esforzo e traballo desenrolado á vez que transmitirlles as súas felicitacións.

Así mesmo quere denunciar  A ESCASA IMPLICACIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO, así como A FALTA DE PREVISIÓN E DE ADOPCIÓN DAS MEDIDAS DE REGULACIÓN DE TRÁFICO, oportunas para un evento de tal embergadura, a afortunada e masiva afluencia de visitantes, especialmente no domingo 18, desbordou as escasas ou inexistentes previsións de aparcadoiros, sendo en certos momentos de especial perigosidade, resultando sorprendente que no único aparcadoiro habilitado había persoas que cobraban por orientar no aparcamento.

Así mesmo, denuncia o aspecto descoidado e a escasa infraestructura do palco onde se fixo a entrega de premios no campo da feira, pouco seguro, no medio de camións e dos animais, e pouco estético (no tableiro todavía se podían ver carteis das campañas electorais).

A optimización de recursos e o coidado dos detalles son dous dos "mimbres" precisos para facer un bo cesto da xestión municipal, a realidade de xestionar un Concello humilde non xustifica a falta de implicación nin o pouco coidado á hora de organizar un evento.

ELENA CANDIA - Portavoz do PP de Mondoñedo


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla