Este verán en San Cibrao foi moi silencioso. Sempre me facías ver que ibas ben. Pero aquél sorriso non era ó de anos pasados. Parecíame que algunha cousiña querias contarme, pero máis eu non me atrevín a preguntarche.
A túa voz sempre obrou en baixo pero neste verán parecíame máis baixa e incluso, as veces, débil. Non eras Quique. Penso que algo labrabas na túa cabeciña que non che deu os frutos que todos queríamos. Eras ben querido por moita xente. Pero ainda que éramos un montón os que te queríamos entre nos fúcheste, fóisenos Quique Guerra (Enrique Rodríguez y Rodríguez, de Mondoñedo), moi silenciosamente. Deixas obras para non esquencerte nunca máis, e desde logo cando pase pola fonte Dos Pelamios dos Moiños de Mondoñedo pensarei que nos vemos en persoa e dareiche unha aperta simbólica. Deixas rasgos fondos de moi honesto e de exemplo de humildade e de amigo dos amigos, sendo o único orgullo seres de Mondoñedo, da Cidade da Paula, e deixar unha Familia exemplar representada pola túa dona Victoria, e as túas fillas Xela e Antía que quedarán coa cabeza ben alta por ser tú un gran cónxuxe e un extraordinario pai. Descansa en Paz para sempre e que nos vexas soñadores coa voz da gaita da túa Galicia, que nos fai, a todolos galegos principalmente no extranxeiro, chorar e rirnos. Unha aperta e ó meu máis sentido pesar público a Victoria, Xela e Antía, e demáis Familia e amigos e compañeiros.
LORENZO ARES ROBLES - Mondoñedo
NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.