A pesar de seres susceptible de todo tipo de críticas, con maior ou
menor atino e xustificación, o certo é que esa rede social chamada
Facebook semella ser unha estupenda ferramenta de expresión cidadá.
Ademais, por suposto, de permitir mantelo vínculo co noso querido
Mondoñedo a todos aqueles que por diversos motivos atopámonos fóra da
nosa cidade. Así pois, un lugar onde paisanos manteñen conversas
adoptando múltiples puntos de vista, un recuncho para o encontro
(virtual) de toda unha comunidade e, igualmente importante, un "quiosco"
sempre aberto no cal se impregnar da máis absoluta actualidade (sempre
cun marcado tinte "vox populi"), non debera nunca comportar un carácter
lesivo ou pernicioso.
De tal xeito, meus veciños, a consigna nunca estivo máis clara. Sigamos convivindo, expresándonos, confraternizado e, por qué non, tamén discutindo; que con causa e motivo, por veces chega a ser moi san. Apelando sempre ás máximas de respeto e liberdade expresiva, todos e cada un de nós ten cabida nesta rede que "atrapa" de xeito tan ledo.
O mundo avanza. Facebook e a comunidade de internautas que xornada a xornada arrastra tras de sí, resulta sela maior das evidencias. Avancemos nós tamén ó seu carón. O progreso debe chegar, mais nunca esquezamos de onde vimos, as nosas raíces. Mondoñedo non pode quedar atrás vítima do atraso e o abandono. É por eso que, todos e cada un dos que nos consideramos mindonienses temos de maneira intrínseca un compromiso para coa nosa fermosa cidade. Poñamos pois en marcha tódalas ferramentas á nosa disposición para materializar dita consigna. Facebook é unha delas. Empreguémola con intelixencia; por nós, por Mondoñedo.
Santo e sinal. Mondoñedo, saúde e terra.

Alejandro Hermida Artiaga