Bacheo
O Concello de Mondoñedo acometerá durante esta semana traballos de mantemento e de bacheo de varias estradas e camiños tanto da zona urbana como do rural. 
As actuacións desenvolveranse ao longo desta semana en varios puntos da localidade con cargo a fondos propios e aproveitando o bo tempo previsto para estes días. 
En concreto, as primeiras localizacións nas que actuarán os equipos para a realización destes labores de mantemento serán o barrio de San Lázaro, o de Viñas da Veiga e a parroquia de Argomoso.
 
A alcaldesa, Elena Candia, e o edil de Obras, José Otero Rejes,  explican que estes acometidos marcan o inicio dun programa de actuacións que desenvolverá o Concello ao longo do municipio para atender as demandas dos veciños sobre o estado das infraestruturas viarias e dos camiños de uso público.

Aseguran que se tratan de labores “moi necesarios” nos que o Goberno local centrará o seu esforzo unha vez melloradas as condicións climatolóxicas. Ao igual que en pasadas anualidades o Concello ademais do traballo de bacheo tamén ten previsto desenvolver un calendario de desbroce. 
 
Bacheo