NOTA DE PRENSA - O PP pedirá que a intervención municipal certifique os custes que para o Concello supón o persoal político do bipartito.
Os populares denuncian que as cifras ofrecidas polo Goberno municipal non se corresponden coas facilitadas polos funcionarios do Concello e subliñan a gravidade que supón que nin os edís de bipartito saiban canto gasto supoñen.
Tan só hai interese por darlle un salario a dúas persoas, os voceiros do BNG e do PSOE no Concello que percibirán un salario moi superior aos que viñan percibindo na súa actividade particular.

Mondoñedo, 23 de xuño de 2011.
O Partido Popular pedirá, a través da súa portavoz Elena Candia, que o servizo de Secretaría e Intervención Municipal certifique os custes que o Concello de Mondoñedo ten que asumir para o pago do persoal político do bipartito. Os populares queren coñecer non só as cantidades percibas polos edís de goberno durante a pasada lexislatura-en concepto de salarios, seguridade social e dietas- senón tamén as previsións para os próximos catro anos.
O PP fai esta demanda despois de comprobar que as cifras ofrecidas polo Goberno municipal no día de onte non se corresponden coas facilitadas polos funcionarios do Concello e manexadas polos populares. Mentres que o portavoz do BNG falaba dun custe total non superior aos 211.000 euros, os datos barallados polo PP -froito da consulta co persoal encargado dos pagos- indican que só en salarios e, sen contabilizar todas as dietas e desprazamentos que cobraron os membros do goberno, as arcas municipais desembolsaron preto de 300.000 euros (50 millóns das antigas pesetas).
Ao PP informóuselle que as dúas dedicacións exclusivas existentes no Equipo de Goberno teñen un custe de 1.870 euros para cada unha delas, a maiores cómpre engadir a cantidade da Seguridade Social que tamén sae das arcas municipais, e que ascendería a 701 euros para cada un dos salarios. En total son 1.402 euros mensuais, que multiplicados por dous, e en cómputo anual ascende a máis de 69.800 euros. Nos catro anos pasados esta cifra supera os 280.000 euros de custe económico soportado polas arcas municipais para sufragar o gasto bipartito.
En todo caso este enorme desembolso económico para un Concello que se atopa nunha situación de crise, ofrece unha imaxe clara: o Goberno municipal non prima os intereses dos veciños de Mondoñedo senón que o único obxectivo e garantir un salario para dúas persoas, os voceiros do BNG e do PSOE que percibirán un diñeiro moi superior aos que viñan recibindo na súa actividade particular. Os populares lamentan tamén que nin tan sequera os edís do Goberno sexan capaces de dar unha cifra certa do gasto que para o Concello a súas dedicacións políticas supoñen.