ConcelloNOTA DE PRENSA
O Partido Popular mindoniense, ante a afirmación por parte do Sr. Alcalde, Orlando González Cruz, de recoñecer a súa incapacidade para canalizar inversións para Mondoñedo, solicita a súa dimisión.
A voceira municipal, Elena Candia, agradeceu, que despois de máis de 15 días, deixara de mentir ós mindonienses sobre o verdadeiro custo que supoñan as arcas municipais as duas dedicacións exclusivas.
Deuncia a actitude do Sr. Alcalde, xunto os demais membros da corporación, que delegen as súas obligacións de gobernar na forza máis votada, pero desprazada por BNG-PSOE á oposición.

Mondoñedo, 3 de xullo de 2011.-  A voceira municipal do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia,  fixo público no día de hoxe a repulsa as afirmacións do Sr. Alcalde na que recoñece a súa incapacidade para captar inversións para Mondoñedo, a súa falta de proxectos e a deixadez de funcións delegando as obligacións que lle corresponden no PP de Mondoñedo.

Esta delegación non foi tal no momento de atribuirse as dedicacións Exclusivas, "para cobrar non escatimaban esforzos e unión, pero para facer o seu traballo queren responsabilizar a PP de Mondoñedo. quenes, nin siquiera foron escoitados por parte de BNG-PSOE as propostas e proxectos que o PP lles presentaba...."

A actitude do sr. Alcalde e demais membros do Equipo de Goberno, foi absolutamente denunciable nos pasados días, o Pp denunciou sen descanso, que se faltaba a verdade, ben por descoñecemento ou por mala fe, do custe real das dedicacións as arcas Municipais, tivo que ser unha certificación de Secretaria intervención, solicitada a instancias do PP, quen puxera en claro que se ocultaba un gasto de preto de 12 millóns das antigas pesetas,

Ante este mentira descuberta, que denunciou o Pp, asumindo a responsabilidade que lle toca CONTROL DO GOBERNO MUNICIPAL E NINGUHA PERMISIVIDADE A FALSEDADES E MENTIRAS, a actitude do Sr. Alcalde non deixa de ser cando menos incoherente, DADO QUE O SEU EQUIPO DE GOBERNO RECOÑECENSE CAPACES PARA COBRAR PERO NON PARA GOBERNAR.

O PP pide tamén o Sr, Alcalde que deixe de Mentir e diga públicamente as inversións reais que a xunta de Galicia ten en Mondoñedo, que concrete datos e proxectos e que ASUMA A RESPONSABILIDADE DE GOBERNO que con tanto empeño loitou por acadar, IGNORANDO todas as propostas dos PP ata a data.

O PP lembra que ofreceu o Bipartito un PACTO POLO FUTURO DE MONDOÑEDO, constructivo e á marxe de sectarismos e intereses persoais, PACTO QUE POR PARTE DO PSOE NIN FOI ESCOITADO E POR PARTE DO BNG AINDA ESTÁN HOXE ESPERANDO RESPOSTA.

O PP REITERA O SEU COMPROMISO cos mindonienses, que non e outro q o seu programa electoral, compromiso que terá que defender, dende o lugar o que o desprazou o PACTO BNG-PSOE, pero sen deixar de exercer o seu traballo de OPOSICIÓN,  especialmente nestes primeiros días, sendo absolutamente intransixentes coas MENTIRAS,  FALTA DE COMPROMISO e denunciando cales son os principais intereses do BIPARTITO, ata a data queda claro que as súas dedicacións.