Populares, socialistas y nacionalistas consensuaron en la Cámara gallega un acuerdo similar al conseguido en el pleno municipal de Mondoñedo y en el que se le solicita a las distintas administraciones que colaboren en la puesta en marcha de un plan de empleo y desarrollo industrial en la Mariña. Elena Candia agradece en nota de prensa que el Parlamento respetase la voluntad del acuerdo conseguido en Mondoñedo y lamenta que la Diputación no hiciera lo mismo.
NOTA DE PRENSA
Lugo, 28 de decembro de 2011.- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, agradeceu ao conxunto das forzas representadas no Parlamento de Galicia que respectasen a vontade da Corporación Municipal de Mondoñedo e asumisen como propio un acordo similar ao consensuado no último pleno municipal de Mondoñedo e dirixido á posta en marcha dun plan de emprego para A Mariña.
Populares, socialistas e nacionalistas aprobaron por unanimidade na Cámara galega e no Concello de Mondoñedo un texto no que se lle pide ás distintas administracións que colaboren na posta en marcha dun plan de desenvolvemento industrial na Mariña, así como que negocien coas empresas ECAR e Mobles Hermida ao obxecto de que estas reconsideren a decisión de levar adiante o despedimento de traballadores.
Elena Candia volveu a lamentar que só o bipartito provincial sexa o único que se quede só e coa súa actitude inmobilista e que, deste xeito, rache o consenso que si foi posible acadar tanto no Parlamento como en Mondoñedo. Lembra ademais que o mesmo texto que se aprobou no Parlamento e no Concello de Mondoñedo foi proposto como acordo alternativo e de consenso a través dunha emenda do PP no último pleno da Deputación Provincial, pero o bipartito non quixo aceptalo.
A portavoz sospeita que detrás desta postura do bipartito provincial está un intento do Goberno da Deputación de deixar ao marxe a esta administración, fóra de todo compromiso cos desempregados mariñáns. Lamenta unha vez máis que cando chega a hora de verdade “O Goberno de Besteiro e de Veiga está a agocharse, con el non se pode contar cando se trata de defender aos mariñáns, ao conxunto dos lucenses”