El grupo local del PP critica el alto número de multas de aparcamiento en las inmediaciones del PAC cuando el gobierno municipal no tiene ni habilitada la plaza de minusválidos.
Candia explica que la política de tráfico del grupo de gobierno es “criticable e indigna e máis cando vai dirixida a persoas que con caracter de urxencia se ven obrigados a asistir ao PAC”.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 2 de febreiro de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo repulsa o procedemento sancionador en materia de Tráfico que profesa o goberno local. Grupo Popular fai estas declaracións en relación ao elevado número de multas que están a firmarlle dende o Concello aos veciños que acoden ao centro de saúde de Mondoñedo.
Foron varios os veciños que manifestaron as súas queixas por esta política do bipartito local e máis cando a zona non conta con adecuacións suficientes para aparcadoiros nin con praza reservada para os minusválidos que necesiten desprazarse ata o centro de saúde.
A portavoz do PP local, Elena Candia, cualifica de “desproporcionada” esta actitude emprendida polo grupo municipal e pregúntalle ao bipartito “ se estas son as medidas que pensa emprender o PSOE e o BNG mindoniense para combater a crise?”.
Segundo Candia, o seu grupo avergóñase desta situación e do comportamento que o equipo de goberno está demostrando de cara a persoas con redución de mobilidade ou outros problemas físicos e que para evitar largos desprazamentos vense na obriga de estacionar os seus vehículos nas inmediacións do centro de saúde.
“A política sancionadora do grupo do goberno é criticable e indigna”, explica Candia, e máis cando van dirixidas a persoas que con caracter de urxencia se ven obrigados a asistir ao PAC.