El Partido Popular de Mondoñedo le pide al Alcalde que asuma su responsabilidad y le pregunta cuando dejará el PP de ser culpable de todos los males del Concello. La Portavoz local recuerda que la gestión del bipartito no destaca por su grado de austeridad.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 16  de marzo do 2012 -  O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa portavoz Elena Candia, pídelle ao alcalde local, Orlando González, que asuma a súa responsabilidade xestora do concello e deixe de acusar ao anterior goberno do Partido Popular das situacións que se viven no Consistorio local.
Candia fai estas declaracións en relación a débeda que o Concello local presenta cos proveedores e que por non ter as facturas ao día se ve agora na obriga de enviar os impagos ante o Ministerio de Facenda, en virtude do Real Decreto aprobado en febreiro.
A portavoz local recorda precisamente que moitas das actuacións levadas a cabo polo bipartito non destacan polo seu grado de austeridade. Candia destacou a execución do Plan E, que ao pouco tempo de rematar as obras, o estado de deficiencia era similar a antes de ser acometidas estas actuacións. A portavoz local tamén fai referencia ao diñeiro público invertido na elaboración das contas acudindo a unha empresa privada algo inusual e que supuxo as arcas locais máis de sete millóns de pesetas e que aínda agora veñen de firmar convenio coa Deputación provincial para tal acometido cando a totalidade dos concellos o asume con medios propios.  Candia tamén lembra as actuacións acometidas no entorno da catedral e praza do seminario, levantando beirrarúas recén arranxadas.
A portavoz local para o control da súa xestión e aclarar a veracidade dos datos que aporta o rexedor, pediu por rexistro a listaxe de facturas que deben presentar ante o Ministerio de Hacienda.
Ante esta situación, Candia preguntase a quen lle botará a culpa o alcalde local cando o problema non sexa causado pola falta de liquidez e impago a proveedores que asumirá o Ministerio e non teña a opción de acusar ao anterior goberno local da xestión do Concello.