EcarElena Candia transmite a Ence la solicitud de reunión para ir acercando posturas y materializar la voluntad de ofrecer Mondoñedo como ubicación de la planta de biomasa. Candia agradece que la Comisión de Seguimiento aceptara hoy las propuestas promovidas por el Partido Popular.
Una de las líneas de trabajo diseñadas por el PP para el fomento del empleo en Mondoñedo se centra en el desarrollo sostenible dentro del sector forestal y, concretamente, en las actividades de biomasa.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 13 de abril de 2012 - Trala segunda reunión da Comisión de Seguimento da situación económica da comarca, celebrada esta mañá e na que os membros da mesa aceptaron as propostas do Partido Popular; Elena Candia transmite a Ence, en nome desta mesa, unha solicitude de reunión para así acercar posturas e materializar a vontade de ofrecer Mondoñedo como ubicación da planta de biomasa. Así mesmo a portavoz provincial agradece a boa dispoñibilidade amosada hoxe pola mesa.

Coñecedora da fonte de recursos e do potencial que o sector forestal ten na comarca, a portavoz popular xunto co presidente do PP de Lugo e o portavoz do PP no Senado, Xosé Manuel Barreiro, mantiveron varias reunións, tanto con encargados de xestión da biomasa de Ence na zona, como con directivos da entidade en Madrid, nas que lles plantexaron a posibilidade de asentar nas instalacións de Finsa en Mondoñedo, unha planta de tratamento de biomasa.

A pretensión desta proposta, previamente estudada e exhaustivamente planificada pola popular, permitiría a  rexeneración económica dunha comarca fortemente castigada pola crítica situación económica. Para lograr o fomento do emprego en Mondoñedo, onde o  pasado mes de marzo pechou as súas portas a principal empresa da localidade, o Partido Popular de Mondoñedo deseñara tres liñas de actuación que se valoraron na mesa de traballo que constituíron os populares, con representantes mindonienses de diferentes sectores, para analizar as expectativas de futuro da localidade. Entre estas liñas, atopábase o estudo de enmarcar o fomento de emprego de Mondoñedo sobre o desenvolvemento do sector forestal e concretamente as actividades da biomasa. Así, o sábado 5 de maio, celebrarase a primeira reunión técnica sobre esta fonte de recursos.

Ence instalará tres plantas de biomasa en Galicia

Tal e como recollen os medios de comunicación, Ence presentou recentemente á Xunta de Galicia un plan no que se recolle a instalación de tres plantas de biomasa en Galicia que contemplarían 2.600 postos de traballo. A empresa valora a ubicación da terceira das plantas de 40 MW de potencia na Costa da Morte ou na Mariña, polo que a portavoz local traballa para que Mondoñedo sexa o sitio definitivo de ubicación da planta.