A plataforma Mondoñedo Unido que aglutina a práctica totalidade de
asociacións culturais, deportivas, veciñais e empresariais dos Concellos
de Mondoñedo e Lourenzá continúa en contacto coa empresa Eogal
Bioenerxía para seguir o proceso de instalación dunha planta de biomasa
no municipio.
NOTA DE PRENSA - Mondoñedo Unido
A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo informou aos representantes da plataforma Mondoñedo Unido que ten intención de abrir unha oficina en Mondoñedo no vindeiro mes de setembro que servirá de base loxística dos distintos técnicos que acometerán o proxecto así como de punto de recollida de currículums para o proceso de selección de persoal que se levará a cabo, tal e como indicaron representantes de Eogal Bioenerxía.

Esta empresa mantén tamén contactos coas comunidades de montes da contorna para establecer convenios de suministración de materia prima para a planta de biomasa. Algunhas destas conversas xa están moi avanzadas, segundo comentan responsables de Eogal Bioenerxía.
A finais do mes de setembro ou comezos de outubro, Mondoñedo Unido celebrará unha asamblea na que ademais de informar aos representantes das asociacións dos trámites de instalación da planta de biomasa como a visita realizada recentemente a unha planta de biomasa en Tineo, tamén se tratarán cuestións relativas á promoción comercial, empresarial e turística dos municipios.