A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo e o Bar O Porriño organizan o vindeiro mércores 31 unha noite máxica de Samaín.
Na noite onde tradición e celebración se mesturan nas brumas do outono todos aqueles que o desexen poden disfrutar dun magosto popular, queimada e concurso de decoración de cabazas, todo na Praza do Concello.
A Asociación Cultural O Pasatempo de Mondoñedo comezará na tarde do 31 de outubro a partir das 20:30 coa preparación dun magosto popular na Praza do Concello. Todos e todas os que se acheguen ata alí poderán degustar castañas asadas á maneira tradicional.

Ademáis haberá concurso de decoración de cabazas no que poden participar nenos, nenas e persoas de tódalas idades. Aquelas máis traballadas e mellor decoradas levarán premio e todas se poderán ver na mesma Praza do Concello durante a noite.
Para recibir ó mes de novembro á sombra da medianoite haberá queimada e actuación musical a cargo do Bar O Porriño.
O Samain é unha festividade de orixe celta que na noite do 31 de outubro ó 1 de novembro celebra a fin da tempada de colleitas e o comezo da chamada 'estación escura', é unha festa de transición e de apertura a outro mundo. Unha festividade que co paso dos anos se foi popularizando en moitas sociedades.
Vén celebrar a noite do Samaín con nós!