Mondoñedo acolle durante o mes de outubro unha exposición de fotografías sobre a tradición cabalar na cidade.
A Asociación As San Lucas promove esta iniciativa que inclúe a mostra de 40 imaxes dos profesionais José María Álvez e Sergio López Maseda, que inmortalizan momentos das festas e feiras das San Lucas e da rapa das bestas do Campo do Oso.
A inauguración da exposición será este sábado, ás 20.00 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 28 setembro 2016: Mondoñedo acollerá durante o mes de outubro, no Centro Comarcal, unha exposición de fotografías representativas da tradición cabalar que ten a cidade, a través de imaxes tomadas durante as feiras e festas das San Lucas e a rapa das bestas do Campo do Oso.

A mostra, que se desenvolve baixo o titular de Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo, conta cun total de 40 imaxes, seleccionadas entre as máis de 3.000 fotografías dos profesionais José María Álvez e Sergio López Maseda.

A inauguración da exposición, que os interesados poderán visitar entre o 1 e o 31 de outubro, será este sábado, ás 20.00 horas. A iniciativa está promovida pola Asociación As San Lucas, organizadora das feiras e festas das San Lucas e das Quendas.