
Os participantes, que recorreron preto de 17 kilómetros, remataron a xuntanza cun xantar na Alameda dos Remedios con carne de poltro.
O paseo dos xinetes polo centro cidade deixou unha estampa moi fermosa e moi chamativa.
Podes ver máis fotografías entrando no enlace de ler máis.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 28 de abril de 2013. O mal tempo e o frío non desanimou aos 56 xinetes inscritos na 2ª ruta a cabalo en Mondoñedo, un evento organizado dentro do programa das festas das Quendas. A organización salienta ademais que “este ano superouse os inscritos con respecto á edición anterior, o que supón unha gran satisfación para organización”, explica Miguel Souto, presidente da Comisión de Festas.
A ruta comezou as 11 da mañá, percorreron perto de 17 quilómetros polos arredores de Mondoñedo, saíndo dende a Alameda dos Remedios, pasando por Cesuras, Pena da Roca, Cabana de Vella, Pelourin, Valiño ou os Picos para finalmente entrar por unha das rúas que da acceso a Mondoñedo polo cemiterio vello. Finalmente subiron pola avenida das San Lucas ata chegar ao punto de saída.
O paseo dos xinetes polo centro cidade deixou unha estampa moi fermosa e moi chamativa.
A xornada rematou na Alameda dos Remedios donde todos os participantes reuníronse nun xantar, no que non faltou a carne de poltro.

