NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 1 de maio de 2013. A comisión das festas das Quendas repartiu hoxe perto de 1.300 euros en premios na feira de gando.
O
premio para o maior numero de gando cabalar de monte, cun mínimo de 50
cabalos foi para Luciano García, cun importe de 350€. O segundo premio
desta categoría, cun mínimo de 25 cabezas, foi para Amancio Ares, cun
importe de 200€.
Na categoría de maior numero de cabezas
de gando de poni galego, cun mínimo de 15 cabezas foi para Ricardo
Veiga Lugilde, cun importe de 180€.
O premio para o
cabalo de pura raza galega foi para Andres Veiga cun importe de 100€.
O
segundo premio desta categoría foi para Jose García, cun importe de 80€.
O premio ao mellor cabalo percheron foi concedido a Ramona Sánchez, cun importe de 90€.
O
premio para o mellor cabalo de sela foi para Ines Cendan, cun importe
de 100€. O segundo premio nesta categoría foi para Avelino Maseda cun
importe de 80€.
Na categoría de mellor poltro nacido no
2013 o premiado foi para Raul Lende, cun importe de 80€, o segundo
premio foi para Hermes Sánchez, cun importe de 50€.
Por ultimo o premio para o mellor cabalo engalanado ao xeito tradicional galego foi para Moncho Barreira, cun importe de 50€.