FestivalEste xoves, día 27, tivo lugar a festa de fin de curso da Escola Municipal de Música "O Pallarego" de Mondoñedo.
Máis de 60 alumnos, con idades entre os 8 e os 72 anos, participaron no festival.
Xan Carballal, director da Escola, cualificou como “moi positivo” este pequeno concerto.
Os días 29 e 30, as bandas de música de Mondoñedo e de Ribadeo realizarán por primeira vez un intercambio e actuarán conxuntamente nos dous municipios.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 28 de xuño de 2013. O auditorio de Mondoñedo acolleu, onte xoves día 27, a festa de fin de curso da Escola de Musica Municipal “O Pallarego” da cidade,  que dirixe Xan Carbalall, e onde tamén imparten docencia Xulia Nogueira e Ruben Solloso.

Mais de 60 alumnos, con idades comprendidas dende os 8 anos ata os 72 anos, participaron no festival interpretando pezas como o Rey Leon, DO RE MI e bandas sonoras de diversos filmes. Pero os mais pequenos da Escola foron os auténticos protagonistas do Festival, amosando moita destreza con distintos instrumentos e moito entusiasmo.

Na escola de musica mindoniense impártanse clases de vento, corda e percusión, con instrumentos como a trompeta, trompa, clarinete, saxo, batería, marimba, violín e timbal entre outros.

O director Escola de Musica anunciou ademais que o vindeiro sábado día 29 en Ribadeo, e o domingo 30 en Mondoñedo, as bandas de música de Ribadeo e Mondoñedo actuaran por primeira vez conxuntamente, realizando así un intercambio entre estas dúas bandas da Mariña.

Carballall cualificou de “moi positivo” a celebración deste pequeno festival. Dixo que “os rapaces están sempre dispostos a colaborar, e están entusiasmados ca súa primeira actuación”. Pero sobre todo subliñou “a socialización” que conleva esta actuación. “Hoxe en día – explicou- movémonos individualmente, pero acontecementos coma este serven para que valoren e desfruten da capacidade de traballar en equipo.”

Festival Escola de Música

Festival Escola de Música

Festival Escola de Música

Festival Escola de Música