Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos
celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para
pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 5 de abril en
Mondoñedo.
A partir das 11 da mañá na Praza Jaime Cabot (Alcántara) de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende as 11:30 celebraranse xincanas infantís e xogos populares para todas as idades coa colaboración do técnico de deportes do concello Raúl González-Redondo. Haberá varias tandas de participantes divididos por idades. Finalmente arredor das 13:30 plantarase a árbore na propia Praza Jaime Cabot acompañando o acto con música.

Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “III Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Gardería Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.
A edición deste ano honra ó tristemente desaparecido presidente da Asociación Cultural O Pasatempo, Ramiro González Rivas, adicandolle cunha placa a árbore plantada na festa.
Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.