Paula RojoAs Feiras e Festas de As Quendas celebraranse os días 30 de abril, 1, 2, e 3 de maio. A cantante Paula Rojo e o pregón a cargo de Fran Bouso serán protagonistas destas festas.
Tamén haberá a tradicional Festa da empanada, Feira Anual e exhibición de hípica.
O concerto da televisiva Paula Rojo celebrárase no Auditorio o dia 3 maio e as entradas que terán un importe de 10 euros, serán reservadas mediante un telefono que a organización facilitara.
O pregoeiro mindoniense Fran Bouso destaca por ser un auténtico dinamizador da vida cultural de Mondoñedo.
A Comisión Organizadora das festas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se irán anunciando en vindeiras datas.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo (Lugo), 3 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo celebrárase os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio e contara con dous grandes protagonistas por un lado o mindoniense Fran Bouso será o pregoeiro desta nova edición das festas mindonienses, e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. Ademais a Comisión das Quendas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se iran anunciando en vindeiras datas.

A comisión organizadora das Festas das Quendas quere subliñar de Fran Bouso “o compromiso fiel e desinteresado que sempre amosa por Mondoñedo. Para nosoutros é un autentico orgullo que este ano sexa o pregoeiro porque o seu traballo a prol de Mondoñedo e dos mindonienses é un autentico exemplo para todos nos”, explicou Miguel Souto Presidente da Comisión Organizadora.

O mércores dia 30 de abril comeza as festas co pregón de Fran Bouso e a Orquestra Satélites. O xoves 1 de maio celebrarase a feira anual no Campo dos Paxariños, festa da empanada na Alameda dos Remedios, e o ritmo musical correra a cargo da Orquestra Trebol. O venres 2 de maio actúa a orquestra Principal.


Para rematar as Festas das Quendas 2014 o sábado dia 3 de maio haberá exhibición de hípica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, actuación na Alameda dos Remedios da Orquestra Los Players e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.


Fran Bouso un pregoeiro dinamizador da vida cultural de Mondoñedo
Fran Bouso. Mondoñedo (1976). Mestre; colaborador de diversos medios de comunicación; dinamizador cultural, foi técnico de Cultura, Prensa e Protocolo do Exmo. Concello de Mondoñedo; antigo directivo da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” e secretario da A. C. “Monfadal”; clarinetista na Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo e colaborador da Orquestra de Cámara de Xove. Formou parte do Orfeón da Sociedade de Obreiros e do Coro Municipal de Monforte de Lemos. Membro do comité executivo de Feiramostra "As San Lucas". Coordinador do Grupo Literario Leiras Pulpeiro.Actualmente traballa no C.E.I.P. de San Clodio (Ribas de Sil).

Fran Bouso


Actuación da televisiva Paula Rojo nas Quendas

A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentará nas Quendas o seu álbum debut "Érase un sueño". A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala súa participación na primeira edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo"The Wild Horses”. O concerto celebrárase no Auditorio de Mondoñedo, o dia 3 maio, e as entradas que terán un importe de 10 euros, serán reservadas mediante un telefono que a organización facilitara no seu momento.

Paula Rojo