
Os xoves 17, 24 e 31 de Xullo e 7 e 14 de Agosto, haberá cine ó aire libre na Praza do Concello. A cita será ás 21:45h coas proxeccións de "Calquer día en Mondoñedo...", unha serie de videos recopilados dende os anos 80 nos que se amosa a vida da cidade dende aquela época ata hoxe en dia. Estas proxeccións son un auténtico arquivo en imaxes para disfrutar e recordar o pasado, tanto para mindonienses como para visitantes.

