ObrasO Partido Popular de Mondoñedo anunciou esta mañá que a empresa adxudicataria das obras na LU-124, enlace entre a localidade e a autovía, está a comezar as primeiras actuacións nesta estrada.
Os populares explican que ata o lugar se trouxeron as sinais indicadoras de obras e material e agárdase que a próxima semana dean inicio os traballos que permitirán reforzar o firme localizado na LU-124, o que garantirá unha circulación con mellores garantías de seguridade e, en especial, agora que capta vehículos procedentes da A-8.

Dende o PP local lembran que as actuacións, cun importe de adxudicación de 772.763,58 euros, permitirán a rehabilitación do firme no tramo urbano, o ensanche e mellora da plataforma entre a localidade e Lindín e a adecuación da sinalización e balizamento nos 7,5 quilómetros ata o enlace coa A-8

Deste xeito, o Partido Popular de Mondoñedo quixo agradecer de novo o compromiso da Xunta de Galicia que está a darlle resposta a unha das principais demandas dos veciños e que o propio PP local solicitara en sesión plenaria.

A maiores do esforzo económico que a administración autonómica está a poñer de manifesto nun momento de recortes, os populares lembran que a Xunta de Galicia sempre manifestou o seu compromiso con Mondoñedo e coa LU-124, así, no ano 2012 o anterior conselleiro mantivo unha reunión cos veciños da parroquia do Carme para tratar a mellora desta vía. A maiores, foi un goberno popular, o de Manuel Fraga, o que redactou o primeiro proxecto de acondicionamento da estrada.

Obras

Obras