GasOs populares aplauden que chegue esta nova fonte de subministro a Mondoñedo pero defenden que o concello dispón doutras zonas máis adecuadas para a instalación da planta.
A candidata dos populares lembra que o grupo municipal do PP presentou alegación en contra da posibilidade de asentar a planta en Pelourín, tanto por razóns de seguridade como medioambientais.
Así, Elena Candia trasladou o apoio aos veciños de Pelourín e nesta liña están a traballar dende o PP local.


NOTA DE PRENSA

Mondoñedo 19 de maio de 2015.- A candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia que se están a emprender xestións coa Consellería de Industria da Xunta de Galicia para propoñer un cambio na ubicación da planta satélite de gas natural licuado, cuxa instalación se prevé en Pelourín.

En concreto, a popular lembra que o grupo municipal dos populares xa presentou alegación en contra da posibilidade de asentar esta planta en Pelourín, tanto por razóns de seguridade como medioambientais.

En concreto, Candia explica que é de todos sabido que este tipo de plantas poden implicar un risco grave para as persoas e estaríase “asentando nunha localización moi próxima ao casco urbano e, polo tanto, densamente poboada”.

De igual maneira, Elena Candia asegura que este proxecto afectaría a elementos de gran valor, por situarse preto: Conxunto Histórico Artístico de Mondoñedo, ao Camiño de Santiago, á Igrexa dos Remedios, ao Convento dos Picos… “Rompería coa armonía da paisaxe e afectaría ao campo visual polas considerables dimensións desta obra”, matiza Candia.

Así a candidata á alcaldía polo Partido Popular trasladou o apoio aos veciños de Pelourín e nesta liña, segundo engade Candia, estase a traballar xa que  “aplaudimos que chegue esta nova fonte de subministro a Mondoñedo” pero defende que o concello dispón doutras zonas máis adecuadas como é o Parque Empresarial.