Bar Piscina
O mal estado que presenta o bar das piscinas imposibilita a súa apertura durante este verán.
Non se poderá ofrecer este servizo dada a situación na que o actual equipo de goberno recibiu esta infraestrutura local despois dunha falta de xestión “clara e evidente” do bipartito.
Elena Candia tacha de “inexplicable” o deterioro do edificio tendo en conta que o PSOE e o BNG recibírono no 2007  “funcionando para deixalo despois abandonado”.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 20 de xuño de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, informa que o mal estado no que recibiron a infraestrutura que albergaba o bar das piscinas municipais “imposibilita a súa apertura durante este verán”.

O deterioro do edificio é “inexplicable”, -tal e como se observa nas imaxes que se adxuntan-, con rotura incluso da tarima do chan. “A imaxe que ofrece hoxe en día esta infraestrutura asusta”, reitera a popular, “froito dun total abandono e despreocupación do anterior equipo de goberno integrado por socialistas e nacionalistas”.

A alcaldesa lembra que os socialistas e nacionalistas recibiron no 2007 este edificio “funcionando para despois deixalo abandonado ata o punto de presentar o estado que hoxe en día ofrece e que imposibilita a súa apertura”. Mentres eles colleron un servizo en funcionamento, a nos deixáronnolo nun estado lamentable”

Polo tanto, Candia conclúe ao asegurar que o equipo de goberno vese imposibilitado para ofrecer este servizo de bar aos usuarios das piscinas polo “abandono” no que se atopa a infraestrutura local tras a xestión de socialistas e nacionalistas. “O pouco prazo de tempo ao atoparnos no mes de xuño impídenos ofrecer este servizo durante este verán, pero traballaremos para a súa futura posta en marcha”.

Bar

Bar

Bar

Bar

Bar