Dende a Concellería de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías lembran que as actividades da Casa da Xuventude inclúense no programa ‘Aberto por Vacacións”
O programa Fesqueleandocospeques así coma dous obradoiros, un de restauración da carroza da zoca e outro de teatro, celebraranse durante todo o mes de xullo.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 27 de xuño de 2015- O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, lembra que a Casa da Xuventude ofertará a partir da próxima semana as súas actividades de verán. Tratase dun conxunto de iniciativas, enmarcadas dentro do programa ‘Aberto por Vacacións’, e que se celebrarán durante todo mes de xullo co obxecto de “ofrecer, de xeito gratuíto, opción alternativas nesta tempada estival para os máis pequenos da casa”.

Así, dará de novo comezo o programa Fesqueleandocospeques, que trae unha serie de actividades variadas tanto de interior como de exterior (actividades con plastilina, debuxo, xogos na Alameda…) para os máis novos. Celebrarase para nenos de 4,5 e 6 anos, todos os luns e martes de xullo, de 10:45 a 11:45 horas. Mentres que se ofertará para os nenos dende os sete anos, tamén todos os luns e martes de xullo, pero neste caso en horario de 12:00 a 13:00 horas.

As actividades de verán que se desenvolverán na Casa da Xuventude inclúen tamén dous obradoiros. O obradoiro de restauración da “carroza da zoca”, dirixido a nenos a partir dos doce anos, impartirase os mércores e xoves de 11:00 a 13:00 horas. O obradoiro de teatro ofertarase para o grupo de infantil (a partir dos 7 anos), os venres de 10:30 a 12:00; mentres que o dirixido a maiores de 14 anos será tamén os venres, pero neste caso de 12:00 a 13:30 horas.