
A alcaldesa, Elena Candia, salientou importancia deste traballo que pretende “poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que temos e captar dese xeito a inversión na nosa localidade”
A situación xeográfica, a súa proximidade ao mar e aos fluxos turísticos, os seus enclaves turísticos máis destacados, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico, as tradicións culturais e a gastronomía, as actividades produtivas... Así como os recursos naturais da localidade, a disponibilidade de chan industrial a precios asequibles, as instalacións industriales e inmobles ociosos (Ecar, edificios no rural, o antigo hospital...), incentivos públicos existentes para crear empresas ou as oportunidades relacionadas co potencial turístico e agroalimentario, son, entre outros, algúns dos asuntos que se abordan no estudo e se queren dar a coñecer.