O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa ANPA do CEIP
Álvaro Cunqueiro na organización dun campamento de Nadal para os nenos e
nenas da localidade.
As actividades desenvolveranse do 21 ao 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prezo do campamento será de 20 euros por inscrición e as solicitudes poderán presentarse ata mañá, venres 18 de decembro.
O luns día 21 haberá actividades de animación, o martes 22, un taller de manualidades de Nadal, o mércores 23, de novo actividades de animación, o xoves 24, un taller de historia. A segunda semana, o luns haberá un taller de teatro, o martes 29, baile, o mércores 30, un taller de animación e o xoves 31, actividades deportivas.
Para anotarse hai que cubrir unha folla de inscrición e entregarlla á ANPA do CEIP Álvaro Cunqueiro.
A alcaldesa, a popular Elena Candia, destaca este tipo de iniciativas que permiten que os pais poidan conciliar a vida laboral e a familiar, así como ofrecer unha programación “completa e entretida” para os máis novos da casa.