Este tradicional encontro reúne cada ano a máis de cen mulleres cos disfraces como os grandes protagonistas.
A cea de comadres de Mondoñedo será o venres 5 de febreiro, con premios para os mellores disfraces e música e animación asegurada. Será no Casino de Mondoñedo ás 22:30 horas.
NOTA DE PRENSA
22-01-2015.-A tradicional Cea de Comadres de Mondoñedo celebrarase este ano o venres día 5 de febreiro. A organizadora do encontro, que ten os disfraces como protagonistas, Rosi Díaz, explica que a cea comezará ás 22:30 horas e este ano celebrarase no Casino de Mondoñedo.
Baixo o lema de “Volvemos a liarla”, o programa deste tradicional encontro que se consagra ano a ano e que reúne a máis de cen mulleres, inclúe premios aos mellores disfraces e música, que virá da man do Dj Francis. A animación e o baile correrá a cargo de Diablillolj.
Rosi Díaz anima a todas as mulleres a participar nesta cea, na que a diversión e a festa está asegurada. Así, todas as que desexen acudir á Cea de Comadres poderán recoller a súa tarxeta en Multibazar Conchi (Local 4-6. Rúa Peña de Francia, número 1). Estarán á venda ata o día 2 de febreiro por un prezo de 26 euros. Tamén se pode chamar ao teléfono 637 210 971.