O Goberno local felicita ao novo titular da diocese de Mondoñedo-Ferrol e ponse á súa disposición naquelo que precise. A alcaldesa de Mondoñedo convida ao novo bispo Luis Ángel de las Heras a fixar a súa residencia na localidade.
Elena Candia destaca o labor levado a cabo por Rodríguez Basanta.
 
NOTA DE PRENSA 
Mondoñedo, 16 de marzo de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, convida e anima ao novo bispo da diocese Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras, a fixar a súa residencia na localidade. O Goberno local felicita ao prelado polo seu nomeamento por orde do Papa Francisco e ponse á súa disposición naquelo que precise.
A rexedora aproveita a ocasión para destacar o labor levado a cabo polo administrador da diocese, Antonio Rodríguez Basanta.
Elena Candia subliña a importancia de manter unhas relacións fluídas entre a Igrexa e o Concello para poder abordar temas de interese para ambas partes, relacionadas co benestar social, o patrimonio, ou o impulso á obra da fundación do asilo, entre outros asuntos.
O Goberno local gaba a continuidade da sede episcopal na localidade, aspecto sobre o que nunca tivo dúbidas. A alcaldesa afirma que desde o Concello se traballará e seguirá apostando porque a diocese siga a ser unha peza fundamental de axuda aos máis necesitados.