ConcelloNOTA DE PRENSA
Ante as novas aparecidas nos medios de comunicación en relación coa situación contable do concello e o posterior comunicado do PP instando á demisión do Alcalde e insinuando a súa ignorancia sobre a situación, o goberno municipal considera procedente aclarar:

1.- Que a contabilidade non este ao día e persista unha situación histórica de retraso nos traballos de actualización da mesma non quere decir que non se faga ou exista contabilidade no concello de Mondoñedo.

2.- O PP sempre foi coñecedor da situación económica e contable deste concello desde o primeiro momento porque foron eles os causantes da mesma (incluida a súa actual portavoz como integrante do goberno municipal do mandato 2003-2007); polo que simular agora descoñecemento non deixa de ser un claro exercicio de hipocresía.

Compre lembrar que cando no ano 2007 toma posesión o novo goberno municipal a contabilidade do exercicio 2005 estaba sen pechar e a dos exercicios 2006 e 2007  sen abrir.

3.- O goberno presidido polo actual Alcalde M.Orlando González Cruz fixo un esforzo por avanzar na actualización contable como o demostra o feito de ter aprobado e presentado as contas xerais correspondentes aos exercicios 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009 ( en catro anos fixoxe a contabilidade de cinco exercicios ). Esforzo que na actualidade ten a súa continuidade cos traballos correspondentes á contabilidade do exercicio 2010 e que estamos dispostos a intensificar e reforzar para solventar o histórico retraso na contabilidade municipal.

4.- O reparo de intervención de xaneiro de 2011 ao falar das débedas reclamadas polas empresas e relativas todas elas a inversión, dí que contaban no seu día con financiación afectada na maior parte da súa cuantía, sendo a mesma subvencións e operacións de crédito a longo prazo. Neste senso a secretaria-interventora fai constar o “ descontrol absoluto que EXISTIU “ ( non que existe) sobre a xestión de ditos ingresos afectados, puidendo constituir, ao seu xuizo, un alcance de fondos públicos por parte dos responsábeis da execución dos orzamentos dos exercicios nos que se inluiron tales investimentos. É DICIR, QUE AS POSIBEIS RESPONSABILIDADES CORRESPONDERIAN AOS INTEGRANTES DOS ANTERIORES GOBERNOS DO PP.

5.- O reparo de 11 xaneiro de 2011 efectúase á totalidade das fases do gasto para o exercicio económico do 2011 en base á insuficiencia ou inadecuación de crédito para satisfacer os diversos gastos. Insuficiencia que se presume ao inicio do exercicio cando as partidas orzamentarias están prácticamente  intactas.

 

                                 Mondoñedo, a 11 de agosto de 2011