Pasear por Mondoñedo é maravilloso, sempre que o visitamos imos ó cementerio. ¡Canto costou que se conservara! Agora remodelouse e no cumio fíxose un xardín. ¿Un xardín no cementerio? ¿Con bancos e ruido?
Hai moitos camposantos en Europa. Son lugares de paz, de paseo, con
vieiros cheos de arbores e natureza; nalgúns a xente vai pasenillo
buscando os seus escritores favoritos, noutros séntase nese luga de paz a
ler.En Galicia os veciños acuden ó cementerio a recordar ós familiares,
a mandarlles avisos, a limpar e poñer flores. En Galicia un cementerio é
unha plaza maior de antepasados que están aí contemplándonos e
escoitándonos. É tamén un lugar de respeto.
En Mondoñedo o cementerio era ademáis un lugar de contemplación, e de visita das sepulturas tan fermosas, das estatuas, dos epitafios...
Hai uns anos remodelouse iloxicamente este lugar histórico: quitáronse as portas, remexeron no lugar e colocaron uns columpios.
Cada fin de semana entran os do botellón e beben e emporcan e destrozan o lugar. Cada fin de semana convírtese o cementerio na ceremonia bárbara de insulto e da falta de respeto ás obras de arte e ós nosos mortos.
Pero llo permiten. Semana tras semana destrozan. E permítenllo.
¿Ata cando?

Carmen García Rodeja
NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: